Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación desde o paradigma do pluralismo metodolóxico que inclúa o deseño dunha metodoloxía de enquisa
Sesión maxistral Exposición da materia a través de sesións en liña, materiais multimedia e outra documentación preparada polo profesorado para facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante espazos especificamente creados para iso, como os foros da aula virtual. Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da aula virtual.
Prácticas de laboratorio Realización de clases prácticas, definidas polo profesorado sobre temas de actualidade nas que se combina a aplicación empírica de diferentes aspectos do deseño de investigación mixto e a enquisa como técnica de recollida de datos cuantitativa.