Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A3 A6 A7 A11 A12 A14 A19 A24 A26 Realizaranse dúas prácticas que supoñerán, cada unha, o 50 % da nota da materia. 100
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade 
Aqueles estudantes que suspendesen ou non presentasen as prácticas requiridas para aprobar a materia terán que volver repetilas e entregalas nas datas que establezan as profesoras para iso dentro do período de avaliación da segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente da materia, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para convocatoria extraordinaria. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.