Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía do xénero | Código | 615G01205 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Tema 1. A socioloxía do xénero e os estudos feministas. | A socioloxía do xénero e os estudos feministas. As mulleres como obxetos e suxeitos da investigación sociolóxica. A inviabilidade das mulleres na socioloxía clásica. As categorías de sexo e xénero na socioloxía. O concepto de patriarcado na socioloxía. |
Tema 2. Xenealoxía dos estudos feministas. | Xenealoxía dos estudos feministas: - O século XVIII: a primeira onda e o paradigma da igualdade. - O século XIX: a segunda onda e o movemento sufraxista. - O século XX: a terceira onda e o feminismo radical. -O século XXI: a cuarta onda e as novas vindicacións feministas. |
Tema 3. Formas de socialización: prexuízos, estereotipos e roles. | Formas de socialización: prexuízos, estereotipos e roles. Axentes de socialización. Socialización e dominación masculina. Novas masculinidades. Sexismo na linguaxe. |
Tema 4. A familia patriarcal e o espazo privado-doméstico, tarefas reproductivas e de coidados. | A familia patriarcal e o espazo privado-doméstico, tarefas reproductivas e de coidados. Crise da familia patriarcal e xurdimento de novos modelos familiares. |
Tema 5. As mulleres na educación. Coeducación para a igualdade. | As mulleres na educación. O currículo oculto de xénero. Educación afectivo-sexual. O imaxinario sexual e a influencia da pornografía nos adolescentes. Coeducación e políticas de intervención na aula. |
Tema 6. Estratificación patriarcal no mercado de traballo e no ámbito privado-doméstico. | Estratificación sexual no mercado de traballo e no ámbito privado-doméstico. A división sexual do traballo e o traballo non remunerado das mulleres. A contabilidade do traballo de balde: as contas satélites dos fogares. Segregación entre homes e mulleres no mercado laboral global: as maquilas. |
Tema 7. Democracia, poder e representación. | Democracia, poder político e representación. A orixe da democracia moderna e a exclusión das mulleres. Paridade e déficits de cidadanía. O teito de cristal nas institucións políticas e noutras organizacións. |
Tema 8. A violencia contra as mulleres. | A violencia contra as mulleres. Causas estructurais, manifestacións e efectos sociais. O acoso sexual. Prostitución, pornografía e ventres de alugueiro. Os feminicidios e as novas formas de violencia patriarcal no capitalismo global. |
Tema 9. Políticas públicas de igualdade. | Políticas públicas de igualdade. Políticas específicas e mainstreaming de xénero. Aplicacións prácticas das políticas institucionais de igualdade: plans de igualdade, informes de impacto de xénero e orzamentos con perspectiva de xénero. |