Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor en diálogo cos estudantes.
Discusión dirixida Debate sobre datos da economía galega, española e internacional, e sobre outros aspectos do temario.
Proba práctica Como complemento ás clases impartiranse diferentes actividades que inclúen videos e debates. Igualmente poderán programarse conferencias e charlas con especialistas na materia.
Traballos tutelados Proporciónase unha lista de capítulos de libros seleccionados, que permita inspirar distintos temas para traballo tutelados.
Proba obxectiva Probas presenciais para poder aprovar na avaliación continua, ou ben, nos exames de primeira e segunda oportunidade.