Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A15 A18 B9 No Seminario recóllese o sistema de avaliación "TRABALLOS PRÁCTICOS" incluído na acta de verificación do título, composto por:

- Análise individual dun soporte dixital a través da exposición oral
- Elaboración dunha reportaxe de xornalismo de datos.
80
Sesión maxistral B9 Na Sesión Maxistral inclúese a “INTERVENCIÓN DO ALUMNO NA AULA” recollida na acta de verificación do título. 20
 
Observacións avaliación
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.