Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento.
Sesión maxistral Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental.
Proba obxectiva Empregaranse cuestionarios con preguntas obxectivas, fundamentalmente, a través do Campus Virtual, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión; así como, de incentivar as lecturas asociadas ao temario; tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión.
Proba mixta Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Prácticas clínicas Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvolvidos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM)".
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación en eventos científicos e/ou divulgativos relacionados cos contidos da materia.