Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte | Código | 620G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 | Deseño e desenvolvemento de sesións de intervención relacionadas cos diferentes elementos do proceso de ensinanza-aprendizaxe | 20 |
Proba mixta | A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 | Realización dunha proba escrita desenvolta na plataforma da Universidade da Coruña sobre os contidos desenvoltos nos diferentes sesións teóricas e prácticas da materia | 30 |
Prácticas a través de TIC | A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 | Levaranse a cabo diferentes actividades no propio desenvolvemiento das sesións nas que, de xeito individual ou por grupos, se profundizará nos contidos relacionados con diferentes temas. | 10 |
Traballos tutelados | A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 | Presentación dun traballo de deseño, análise e avaliación dos diferentes aspectos relacionados cos procesos de ensino-aprendizaxe levados a cabo na proba práctica |
40 |
Observacións avaliación | |||
Considérase obrigatoria a asistencia ás diferentes actividades lectivas da materia A porcentaxe requirida para a superación da materia será do 70% considerado en relación á participación proporcionalmente ás diferentes sesións presenciais (expositivas e interactivas) A superación da materia implicará a superación dos seguintes apartados tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, ou convocatorias posteriores nas condiciones que se expoñen a continuación: PARTICIPACIÓN - Enténdese por participación nas prácticas de actividade física ou sesións maxistraís e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se expoñan en relación aos contidos relacionados coas sesións. O non cumprimento por motivos xustificados do 70% da asistencia pode implicar a non superación da materia, constando o estudante como "Non Presentado" na cualificación final. Dita falta de participación non xustificada pode inhabilitar igualmente para a superación da materia na segunda oportunidade ou sucesivas convocatorias, ata que esta cúmprase. No caso de que non se alcance o 70% de asistencia e participación por motivos xustificados na avaliación da 1ª oportunidade poderase establecer para a/o estudante unha alternativa equivalente en relación ao desenvolvemento de tarefas e alcance de competencias relacionado cos contidos desenvolvidos nas sesións ás que non asistiu. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto se mantéña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. PROBAS PRÁCTICAS - Nas tres primeiras semanas do cuadrimestre os estudantes confirmarán o grupo e as datas de participación na/s proba/s práctica/s. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto se manteña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. TRABALLOS TUTELADOS Proporase os primeiros días de clase unha rúbrica para a elaboración, supervisión e corrección de dito traballo tutelado, que poderá ser moficado a proposta d@s estudante e co visto bo do profesor A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. PROBA MIXTA A proba mixta terá lugar nas datas asignadas no calendario oficial, como parte de avaliación final da materia. Esta proba poderáse levar a cabo ben sobre papel presencialmente na facultade, ou ben no campus virtual ou Teams, para o que os/as estudantes deberán traer e utilizar os seus propios computadores portátiles ou tabletas dixitais. As diferentes preguntas ou tarefas desta proba mixta distribuiranse de maneira ponderada considerando os diferentes temas, prácticas ou traballos da materia. O idioma escrito desta proba será o de impartición da materia; facilitarase noutro idioma (español, galego) aos estudantes que o soliciten con dúas semanas de antelación. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. Entenderase en calquera caso que para a superación da materia será preciso ter superados os diferentes apartados da avaliación ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A tempo PARTCIAL En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo. En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais En termos xerais, ao realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g). |