Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consiste nunha metodoloxía expositiva que, en formato non presencial, canalízase mediante sesións síncronas, utilizando a plataforma de videoconferencias da Universidade, visionado de gravacións, e/ou estudo da documentación aloxada en Moodle.
Obradoiro Proponse a exercitación mediante prácticas guiadas desenvolvidas con medios informáticos.
Contempla a adquisición dunha metodoloxía operativa sobre a base de supostos prácticos cun nivel crecente de complexidade.
Solución de problemas Proponse probas de carácter práctico, nas que se ha de afrontar situacións problemáticas concretas, deseñadas a partir dos contidos traballados previamente.
Traballos tutelados A metodoloxía docente oriéntase basicamente segundo o criterio da aprendizaxe na acción, a efectos de potenciar a adquisición de destrezas específicas. Neste contexto cobra protagonismo a elaboración dun traballo amplo, onde conflúen as competencias profesionalizantes da materia, ligadas por tanto á utilización de aplicacións de análise numérica, con outras de carácter transversal, como son, entre outras, a procura de documentación (a miúdo facendo uso de novas tecnoloxías), a organización e planificación de actividades, a xestión da información, ou a expresión oral e escrita. De forma esquemática, distínguense os seguintes pasos: selección do tema, elaboración dun guión de traballo xenérico, exame in situ, reportaxe fotográfica, levantamento planimétrico, localización e consulta de fontes de referencia, construción e axuste de modelos, interpretación de resultados, e redacción dunha memoria final que atenda á totalidade do traballo. Dado o carácter tutelado do mesmo, deben producirse sesións periódicas de seguimento co profesorado, a fin de optimizar ou, no seu caso, reconducir as actividades en curso.