Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A40 B2 B3 B4 B5 B12 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 2 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a materia. 20
Proba mixta B6 B7 C1 C4 C7 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 80% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a materia e poder facer media cos traballos. 80
 
Observacións avaliación

A asistencia regular (mínimo un  80%) será imprescindible para realizar o traballo tutelado e a proba mixta.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da materia. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade.

Os estudantes repetidores que en convocatorias anteriores teñan seguido o curso, entregado e aprobado o traballo, terán dúas opción que deben elexir ao comenzo do curso:

1 Cursar a materia como si fosen alumnos-as de primeira matrícula.

2 Cursar a materia sin facer o traballo. En caso de optar por esta segunda modalidade, a calificación final será, únicamente, a obtida na proba mixta.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".