Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A55 A57 B31 B32 B33 A memoria do traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
20
Proba mixta A54 A55 A57 A60 B31 B32 B33 B34 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 4 puntos sobre 10.
45
Presentación oral A54 A57 B31 B32 Avaliarase atendendo a unha rúbrica. Para que a cualificación da presentación faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10. 25
Obradoiro A54 A57 B32 B34 Para a súa avaliación terase en conta a realización e asistencia as actividades propostas na aula. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista e realice polo menos o 80% das actividades propostas na aula como parte do obradoiro, será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. No caso contrario, o alumnado será avaliado únicamente mediante unha proba mixta final na data da convocatoria ordinaria.

A proba mixta á que teñen dereito o alumnado que se avalía a través do sistema de avaliación continua realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria. Non obstante, se o resultado da presentación oral é de polo menos 5 puntos sobre 10, non será avaliado das competencias A57, B31 nin B32. En cambio, terá unha cualificación na parte correspondente da proba mixta equivalente á cualificación obtida na presentación oral.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.