Temas Subtemas
Tema 1: Forzas controladas desde o buque. 1.1. Hélice.
1.2. Temón.
1.3. Efecto combinado da hélice e o temón no buque.
Tema 2. Forzas exteriores. 2.1. Efecto do vento no buque parado ou en movemento.
2.2. Efecto da corrente no buque parado ou en movemento.
2.3. Efecto de augas superficiais.
Tema 3. Introdución ás manobras. 3.1. Curva de evolución.
3.2. Pivot Point. Momento evolutivo.
3.3. Efecto transversal ao dar atrás.
3.4. Ángulo de aproximación ao atraque.
3.5. Ciaboga.
Tema 4. Manobra de atracada e desatraque en condicións de calma. 4.1. Preparativos.
4.2. Atracada a un peirao con buque dunha hélice.
4.3. Atracada a un peirao cun buque de dúas hélices.
4.4. Manobra de saída.
Tema 5. Manobra de atracada e desatraque baixo a influencia do vento e corrente. 5.1. Atracada con vento.
5.2. Atracada con corrente.
5.3. Ciaboga con estas condicións.
Tema 6. Cabuyería. 6.1. Cabos: clasificación.
6.2. Cargas de rotura e seguridade.
6.3. Conservación e manipulación dos cabos.
6.4. Operacións con cabos.
Tema 7. Factor humano e a manobra. 7.1 Organización a bordo.
7.2 Inglés. SMCP.
Tema 8. Operacións de amarre. 8.1. Elementos básicos.
8.2. Equipo de amarre.
8.3. Procedementos de amarre/desamarre. PRL.
8.4. Arranchar a son de mar.
8.5. Aguantar con mal tempo en porto.
Tema 9. Fondeo 9.1. Elementos básicos.
9.2. Instalación de fondeo.
9.3. Manobra de fondeo.
Tema 10. Remolque 10.1. Remolcadores.
10.2. Métodos de traballo.
10.3. Procedementos para tomar/largar remolque. PRL.
Tema 11. Manobras de seguridade. 11.1. Manobras para rescatar a unha persoa da auga.
Tema 12. Navegación a vela 12.1. Terminoloxía.
12.2. Principios teóricos.
12.3. Velas.
12.4. Manobras coas velas.
12.5. Tipos de veleiros.
STCW
O desenvolvemento do contido cumpre co establecido no Convenio STCW e as súas emendas de Manila 2010 na función “Navegación, a nivel operacional”, competencia “Manobrar o buque”, do cadro A-II/1.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata un máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.