Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B80 B60 B59 B57 B48 B45 B41 B40 C15 C20 C21 C38 O alumno terá a opción de aprobar esta parte da materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases maxistrais.
Aqueles alumnos que teñan o Certificado de Operador Xeral do GMDSS considéraselles aprobada a materia cunha nota de 5.0. Con todo calquera alumno nesta situación pode asistir a clase e presentarse aos examenes para subir esta nota mínima.

A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas curtas de concepto, nunha proba tipo test, ou ben nunha combinación dos dous sistemas de probas anteriormente mencionadas, nese caso, a profesora fixará con antelación os criterios específicos de valoración para cada unha das partes.
Será preciso a realización de distintas tarefas relacionadas coa materia, a nota acadada será engadida á acadada na proba obxetiva.
Para aprobar por curso, será necesario obter unha nota media de 5.0.
80
Prácticas de laboratorio B40 B41 B45 B48 B57 B59 B60 B80 C15 C20 C21 C38 SIMULADOR DE COMUNICACIÓNS: Para aprobar esta parte da Materia será necesaria unha asistencia do 100% ás clases de simulación. A cualificación de cada alumno basearase na avaliación continua do Profesor na que terá en conta a destreza e interese do alumno en cada un dos exercicios propostos.
20
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación.

 Esta materia inclúe os contidos correspondentes ao curso de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS) "(132h) establecidos na Sección A- II/1  e A-II/2 do STCW 78/95/10, con arranxo ao curso modelo OMI 1.25.

Para a obtención do certificado de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS)" é necesaria a superación desta materia.

alumnado con dedicación completa:

asistencia /participación nas tarefas correspondentes ó 100% das prácticas.

B)alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (arts.2.3;3.b e 4.5)(29/5/212):

asistencia/participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%. superación da proba obxectiva. De non poder asistir ás sesións maxistarais acordarase coa profesora titorías.

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.