Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral dos temas que compoñen a materia, buscando tamén a participación activa do alumnado. Como soporte poderíase utilizar presentacións en Power Point, software técnico (CAD, Maxsurf, #etc) e vídeos. Algúns contidos pódense desenvolver en inglés.
Obradoiro Aplicación práctica das sesións maxistrais, resolución de problemas (fórmulas, cálculos) e análises de casos prácticos. Poderá aplicarse algún Xogo de Rol para a explicación de actuacións reais a bordo e o uso das Standard Marine Communication Phrases.
Traballos tutelados Un exemplo de Traballo Tutelado pode ser a aplicación dos contidos da materia no desenrolo dun caso práctico de Plan de Viaxe.
Aprendizaxe colaborativa Procedemento guiado de forma presencial e/o apoiado con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesor.
Proba obxectiva Proba deseñada para determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Ao longo do curso iranse realizando varias.
Proba mixta Consistirán en probas, xeralmente escritas, que constarán de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, #etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de manobras, etc).