Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Construción Naval e Estabilidade do Buque | Código | 631G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Solución de problemas | Permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo. Conxuntamente aportará un peso porcentual do 10% da cualificación final. Un 5% será pola implicación do alumno durante o curso. |
Proba obxectiva | Avaliaranse os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, tendo en conta as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e enfoques na resolución de problemas. Realizaranse dúas probas durante o curso correspondentes aos temas de Construción Naval e Teoría do Buque. Cada unha delas aportará un 35% da nota global. Aquellos alumnos que non participen na avaliación continua da materia ao longo do curso realizarán unha proba obxectiva que permita avaliar e comprobar os resultados esperados no que respecta ao contido global da materia. Verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos. O exame final global, como única avaliación, consistirá nunha proba composta por dúas partes con valoración independente, e deberanse obter un mínimo de 5 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%). Primeiro realizarase a parte práctica con varios problemas a resolver e, a segunda a teórica con diversas preguntas tipo test máis conceptos a definir. |
Aprendizaxe colaborativa | Resolución de traballos e problemas, coa elaboración e presentación do traballo en grupo. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da cal o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Presentación oral | Presentación oral apoiada con recursos audiovisuais dos resultados do traballo tutelado. |
Sesión maxistral | Exposición en clase de cada un dos temas da asignatura. |