Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
Conxuntamente aportará un peso porcentual do 10% da cualificación final.
Un 5% será pola implicación do alumno durante o curso.
Proba obxectiva Avaliaranse os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, tendo en conta as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e enfoques na resolución de problemas.
Realizaranse dúas probas durante o curso correspondentes aos temas de Construción Naval e Teoría do Buque. Cada unha delas aportará un 35% da nota global.
Aquellos alumnos que non participen na avaliación continua da materia ao longo do curso realizarán unha proba obxectiva que permita avaliar e comprobar os resultados esperados no que respecta ao contido global da materia. Verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
O exame final global, como única avaliación, consistirá nunha proba composta por dúas partes con valoración independente, e deberanse obter un mínimo de 5 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
Primeiro realizarase a parte práctica con varios problemas a resolver e, a segunda a teórica con diversas preguntas tipo test máis conceptos a definir.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de traballos e problemas, coa elaboración e presentación do traballo en grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da cal o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Presentación oral apoiada con recursos audiovisuais dos resultados do traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición en clase de cada un dos temas da asignatura.