Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B4 B6 B8 B11 B15 B18 C1 C4 Presentación oral dos resultados do traballo tutelado apoiada con recursos audiovisuais. Avaliarase atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación da presentación oral faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
10
Traballos tutelados A7 A9 A99 A100 B3 B8 B9 B10 C1 C9 Elaborarase unha memoria que se avaliará atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
5
Solución de problemas A2 A6 A7 A99 A100 B1 B2 B3 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B15 B16 C9 Conxuntamente, aportará un peso porcentual do 10% da cualificación final.
Un 5% será pola implicación do alumno durante o curso.
15
Proba obxectiva A9 A10 A14 A99 A100 B3 B4 B5 B8 B11 B14 B17 B18 C1 C4 Cada proba parcial (P1 e P2) aportará un 35% da cualificación e a proba obxectiva global (media das dúas) aportará un 70% do total da avaliación da materia. Será necesario obter unha nota mínima de 4/10 en cada proba parcial para que fagan media. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista e realice polo menos o 80% das actividades propostas no aula como parte do obradoiro será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. No caso contrario, o alumnado será avaliado unicamente mediante unha proba obxectiva final na data da convocatoria ordinaria.

A proba obxectiva á que ten dereito o alumnado que se avalía mediante o sistema de avaliación continua realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria, pero se o resultado da presentación oral é de polo menos 5 puntos sobre 10, non será avaliado das competencias B3, B8, B15 nin B18, obtendo na parte da proba mixta correspondente a esa avaliación unha cualificación equivalente á obtida na presentación oral.

A proba obxectiva final da convocatoria ordinaria e extraordinaria consistirá en dúas partes diferenciadas. Cada unha delas terá o mesmo peso (50%) na cualificación final, pero será necesario obter polo menos unha puntuación de 4/10 en cada unha das partes para que fagan media.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas
parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases
presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados
ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán
encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do
curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema
TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación establecidos na Táboa A-III/2 do Código STCW,
e establecidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á
hora de deseñar e realizar a avaliación.