Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Levarase a cabo prácticas relacionadas cos procesos obxecto da materia para estudar. Farase unha posta en común do realizado e unha discusión das distintas solucións adoptadas ao problema determinado.
Solución de problemas Propoñeranse e resolverán unha serie de problemas referidos aos contidos da materia tratada e orientados, no posible, a casos reais.
Proba obxectiva Realizaranse probas escritas, que constarán de cuestións teóricas e prácticas.
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia distribuídos en temas. O estudante contará con material bibliográfico de apoio do tema en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do estudante na clase, a través de comentarios que traten de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.