Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Durante o desenvolvemento do terceiro bloque da materia realizarase un traballo tutelado sobre un caso de estudo no que se aplicarán técnicas de drenaxe urbana sostible sobre unha conca urbana unitaria con infraestrutura gris. O traballo consistirá en planificar a implantación de técnicas SUDS facendo unha valoración das vantaxes en termos de control de cantidade de auga e redución de verteduras do sistema unitario existente.
Proba de resposta breve Realizárase unha proba tipo test curta sobre os conceptos dos dous primeiros bloques da materia
Saídas de campo
Sesión maxistral Os profesores irán expondo en clase o temario fixado apoiándose en presentacións gráficas que serán postas a disposicon do alumno. Poderá haber temas que o profesor exporá oralmente que non teñan soporte gráfico.