Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B5 C6 Prácticas de realización obrigatoria que abarcarán os contidos de cada tema da materia. Son obrigatorias para poder superar a materia e puntúan na cualificación final. 60
Proba obxectiva A8 B5 C6 Proba escrita para a avaliación individual da aprendizaxe. 40
 
Observacións avaliación

OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

 A asistencia regular ás clases prácticas e a entrega das mesmas nas datas e horarios indicados son condicións necesarias para superar a materia. 

 As prácticas individuais obrigatorias rexeranse polo Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, artigo 11, apartado 4b, aprobado por Consello de Goberno.

 PRESENTADO

 Considérase como PRESENTADO a calquera alumno que presentase un mínimo dunha actividade de avaliación. 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE 

 As prácticas de entrega obrigatoria cualificadas na primeira oportunidade como SUSPENSO, poderán ser entregadas de novo, tras corrección e mellora, para a avaliación en segunda oportunidade. 

 MATRÍCULA PARCIAL 

 O estudante debe comunicar tal situación ao profesorado. Elimínase a obrigatoriedade de asistencia ás clases prácticas pero non a entrega das prácticas obrigatorias para avaliación.