IGUALDADE DE XÉNERO: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."
COÑECEMENTOS PREVIOS: O estudantado debería ter uns coñecementos básicos relativos ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II do Bacharelato e as dos cursos anteriores. En particular: - Cálculo diferencial e integral nunha variábel (funcións elementares, límites, continuidade, derivadas, extremos, convexidade, representación gráfica, integración básica).
- Álxebra linear (matrices, método de Gauss, sistemas de ecuacións lineares, determinantes)
Algunhas ligazóns nas que o alumnado pode atopar e lembrar os contidos e as competencias son: - Ministerio de Educación, Política Social y Deporte (2008), Proyecto DESCARTES. http://descartes.cnice.mec.es/descartes2/previas_web/index.html
- Gloria Jarné, Esperanza Minguillón e Teresa Zabal (2009) Curso básico de Matemáticas para estudiantes de Económicas y Empresariales. www.unizar.es/aragon_tres
Outras ligazóns de interese: - Khan Academy: https://www.khanacademy.org/
- Khan Academy (en español): http://www.youtube.com/user/KhanAcademyEspanol
- Khan Academy (en galego): http://www.youtube.com/user/KhanAcademyPortugues
- lasmatematicas.es: https://www.youtube.com/c/juanmemol
Software matemático gratuito (online): |