Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 B2 B5 B7 B14 C4 Ao longo do curso haberá probas de resposta múltiple, a súa ponderación na avaliación final é do 20% (2 puntos). 20
Proba mixta A21 B2 B5 B14 C1 O exame final (presencial) suporá un 60% da cualificación final (6 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceitos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
60
Proba práctica A21 B2 B5 B14 C1 Realizaranse probas presenciais de resolución de problemas. A súa ponderación na calificación final é dun 20% (2 puntos). Nesta proba valorarase especialmente a capacidade de razoamento matemático do estudiantado. 20
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de realización dos exames e as probas, e
identificación do estudantado
 

Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información (smartphone, smartwatch, tablet, notebook etc.). Poderá denegarse a entrada á aula do exame con este tipo de
dispositivos. Non se admitirán os exames escritos con lapis. Os alumnos deberán
identificarse mediante DNI ou equivalente para a realización das probas de
avaliación.

-No caso de que se cometa unha
tentativa de fraude, o estudante será cualificado cun "suspenso" (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a falta se comete na primeira como na segunda
oportunidade. Para isto se procederá a modificar, se cómpre, a súa cualificación na
acta da primeira oportunidade.

2- Utilización de calculadora

Non está permitido o uso de calculadora, salvo aviso previo do contrario.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado

Otorgaráse a cualificación de NON PRESENTADO ao
estudante que só participe en actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da
cualificación obtida

2Estudantado a tempo parcial (ou con dispensa de
asistencia)

Será avaliado acorde as mesmas normas que o resto do estudantado.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. Primeira oportunidade

Avaliación continua

A avaliación continua consistirá na realización de probas
tipo test (proba de resposta múltiple) e a realización de probas de
resolución de problemas (proba práctica) na aula. A avaliación continua pondera
un 40% do total da cualificación final.

Exame final

Realización dunha proba mixta. Pondera un 60% da cualificación
final. 

Ademais o alumnado poderá obter ata un punto por participación
activa nas clases, seminarios e titorias persoais, que se sumará á
cualificación obtida na avaliación continua e no exame final.

2. Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade haberá unha única proba mixta,
e a cualificación será a máis alta das dúas seguintes opcións:

- Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua na primeira oportunidade (máximo
catro puntos das probas de resposta múltiple e prácticas realizadas) e na proba
mixta da segunda oportunidade (máximo seis puntos)

- Cualificación obtida na proba mixta da segunda oportunidade puntuada sobre dez.

3. Convocatoria adiantada: A cualificación final do estudante que solicite a
convocatoria adiantada será a obtida no exame presencial valorado sobre 10
puntos.