Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A10 B3 B4 1. Dúas probas ao longo do cuadrimestre.

2. O primeiro inclúe os ítems 1 e 2 e supón o 25 % da nota na avaliación final da primeira oportunidade, o segundo inclúe o ítem 3 e supón o 20 % da nota da avaliación final na primeira oportunidade.

3. Consisten nun exame seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías
45
Proba mixta A1 A5 A9 A15 A20 A21 B1 B2 B11 B13 C1 C3 C6 C7 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. . Na primeira oportunidade, realizarase un exame dos puntos 4 e 5 do programa, que suporá o 55 % da nota da avaliación final.

3. Na segunda oportunidade realizarase un exame do total da materia e supón o 100% da nota de avaliación.

4. Estas probas realizaranse nas datas oficiais seguindo os criterios establecidos nas metodoloxías.

5. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Primeira oportunidade. Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente mencionados neste apartado: dúas probas ao longo do cuadrimestre e unha terceira na data do exame oficial.

 3. Segunda oportunidade. Haberá un único exame que inclúe todo o temario e suporá o 100% da nota final desta oportunidade. A scualificacións obtidas nas probas realizadas para optar á primeira oportunidade non se terán en conta en ningún caso para optar a esta segunda oportunidade. 

4. Convocatoria anticipada. Realizarase unha proba mixta dirixida a avaliar todas as competencias e contidos da materia. O resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida.

5. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. A avaliación deste alumnado rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto. Para a realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario específico compatible coa súa dedicación

6. Sobre condicións de avaliación final. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáse os ou non no curso desta. 

7. Identificación. O alumnado ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

8. Outras observacións de avaliación. As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de avaliación.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.