A avaliación será continua e incluirá unha
valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade
realizada. Estas
actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios. Nel
os estudantes recollerán todas as recensións, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Cada profesor avaliará as actividades realizadas, según as metodoloxías docentes empregadas, nos créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das
cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor
será ponderada segundo o número de créditos que imparte.
En aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", na avaliación dos alumnos aos que se recoñeceu a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, terán que presentar o portafolios no plazo establecido. O alumnado debe consultar aos profesores os exercicios a realizar e o plazo establecido para a entrega do portafolios.
Segunda oportunidade: seguiranse os mesmos criterios que para a primeira oportunidade.