Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 A10 B1 C8 Exame final. Proba obxectiva con catro opcións de resposta por cuestión, das que só unha será correcta. 100
 
Observacións avaliación

Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación
total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación.

Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo.

Opción  B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial (Teams) realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.

Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.