Na aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na UDC" (aprobada en Consello de Goberno de 4 de maio de 2017), os alumnos aos que lle fora recoñecido a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, quedarán eximidos da obligatoriedade de asistencia, puidendo así obter a cualificación máxima sen ter asistido á análise e discusión de casos prácticos.
Na segunda Oportunidade o alumnado será avaliado da/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final. No caso de non ter superada a parte de estudo de casos, realizará unha proba de supostos prácticos (casos) con opcións de resposta de verdadeiro/falso.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.