Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Discusión dirixida |
En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática. Favorecerase o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario. |
Portafolios do alumno |
Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado, debidamente apoiados en fontes bibliográficas. Incluiranse aquelas prácticas indicadas polas docentes, referentes aos seminarios. Ademais das prácticas incluirase unha introdución ou contextualización da materia e un apartado de conclusións, no que reflexionar sobre as aprendizaxes desenvolvidas no conxunto da materia, procurando establecer sinerxías entre os contidos traballados.
|