Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A2 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 B16 C4 C6 C7 C8 Valorarase a participación nas sesións presenciais, especificamente no que se refire a:
- Comprensión dos contidos abordados.
- Apoio na documentación traballada.
- Calidade das argumentacións (coherencia lóxica, capacidade explicativa...).
- Creatividade das achegas.
- Capacidade de establecer conexións coa experiencia (exemplificación).
- Problematización e cuestionamento.
- Claridade e corrección lingüística.
30
Portafolios do alumno A2 A6 A8 A10 A11 B2 B5 B7 B12 B13 B14 B15 C4 C6 C8 Implica un estudo amplo e profundo das cuestións clave abordadas na materia, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Valoraranse as capacidades de razoamento (argumentación, sinerxías...), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e calidade da redacción, empregando unha linguaxe propia do contexto disciplinar. 70
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: seminario e cartafol.

A
cualificación do seminario non é recuperable para
a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na
primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de
desenvolvemento da materia.