General description |
Esta materia, integrada na especializade da acción socioeducativa, está orientada a identificar as claves da innovación, concebida como un proceso de mellora. Farase especial fincapé na dimensión ética e política da xestión, así como nas relacións de xénero e (des)igualdade nas organizacións.
Partindo das culturas de traballo de diferentes ámbitos profesionais da Educación Social (protección e reeducación de menores, envellecemento e programas interxeracionais, servizos sociais e comunitarios, educación ambiental), propoñémonos recoñecer aqueles elementos asociados ás "boas prácticas", que incidan especialmente na promoción de redes comunitarias de aprendizaxe e innovación.
|