Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Obradoiro
Solución de problemas
Descrición
Debido ao carácter práctico destas tres metodoloxías, farase unha atención personalizada para guiar a aprendizaxe do alumnado durante as sesións de clase entendida como a atención, supervisión e seguimento do traballo do alumnado, resolvendo as dúbidas que poidan xurdir duante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto implica que o alumnado deberá participar nas sesións prácticas de xeito activo.

O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A14), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia