Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Intervención Didáctica en Espazos Culturais /652534020
Traballo por Proxectos en Educación Física /652534018
Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais /652534021
Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal /652534019

Observacións

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (por exemplo, úsase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos sexos e propíciase a intervención en clase de alumnos e alumnas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En caso de detectar calquera situación de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.

A metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”).