Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (por exemplo, úsase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos sexos e propíciase a intervención en clase de alumnos e alumnas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En caso de detectar calquera situación de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores. A metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”). |