Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 Metodoloxía onde estudantes se enfrontan ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Conleva a realización final -como equipo directivo- dun proxecto de formación en centros educativos.
60
Análise de fontes documentais A4 B2 B15 C3 Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Conleva o estudo en diversos formatos sobre a información e a actualidade sobre o tópico de estudio elegidos polos grupos.
20
Proba oral B4 C1 C7 Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Conleva a exposición oral do traballo realizado,valorarase a orixinalidade e a propia exposición,a congruencia do proxecto, o rigor, a fundamentación e a capacidades de síntese.
20
 
Observacións avaliación

Tanto para a primerira como para a segunda oportunidade de avaliación os criterios serán os mesmos.

Os estudantes a tempo parcial poden
solicitar aos decanos / directores dos centros responsables da súa titulación
ou aos coordinadores dos másteres, se é o caso, a dispensación académica que os
exime de asistir á clase desas materias ou partes das materias nas que admítese
a mencionada dispensa na súa guía docente; non obstante, en calquera caso,
serán avaliados polo sistema de avaliación continua.

Neste caso se adaptarán horarios para títorias e probas de avaliación contínua e final a cada un dos estudiantes con dispensa.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.