Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía donde o estudante enfréntase ante a descripción dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada.
Portafolios do alumno No portafolio incluiranse as actividades realizadas ao lomgo da materia, incluindo esquemas, traballos, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións se presentarán os contidos básicos da materia