Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Intervención nas Alteracións da Linguaxe, Fala, Audición e Voz: desde a Teoría á Práctica Clínica | Código | 652546017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A3 A9 A6 A11 A8 B3 B4 B5 C2 C3 C4 C6 | O alumnado realizará traballos co fin de fomentar a aprendizaxe independente e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor. | 100 |
Observacións avaliación | |||
De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e ter superado cada unha das metodoloxías avaliables. Para o alumnado que non poida asistir por causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega. Polo tanto, o día sinalado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao remate da impartición da materia. Enténdese que os universitarios asumiron as capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023. |