Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Iniciación á investigación educativa | Código | 652601E12 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A28 A33 A35 C1 C3 C5 | Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. | 15 |
Aprendizaxe colaborativa | A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 | Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. | 60 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 | O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. | 25 |
Observacións avaliación | |||
Atendendo ás Normasde Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao eMestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e asmetodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberáacadar un 5 na cualificación global da mesma. O alumnado quedurante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nassesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada edeberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas. O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non presentado. A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se presentase.
En canto árealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |