Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo na aula antes de iniciar o proceso de E-A para coñecer as ideas previas, intereses e motivación do alumnado de cara á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Resumo Consiste nunha síntese. É unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do persoal docente da materia.
Proba de ensaio Proba escrita que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Lecturas Lectura de bibliografía e materiais didácticos sobre contidos da materia.