Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral | Código | 652606E3I6 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas á Formación Profesional, ás materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas. Un dos obxectivos é o coñecemento e utilizacion de fontes para a consulta de experiencias e propostas innovadoras. As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada. |
Presentación oral | As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e as persoas do grupo deberán de expor a experiencia analizada por outra compañeira/o. |
Prácticas a través de TIC | As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos. O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe é compartida coa materia de Inserción e orientación laboral. Con estas actividades o alumnado exercita competencias dixitais docentes de tres áreas: a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais). b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais) c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais) |
Portafolios do alumno | As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte elaborada grupalmente sobre o concepto de innovación educativa. |
Sesión maxistral | Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acótanse conceptos relacionados coa innovación educativa. |