Traballos tutelados |
A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». |
90 |
– Instrucións para o alumnado ordinario - A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a asistencia ao 80 % das horas lectivas para acadar a puntuación mínima (máx. 10% da cualificación). O/a estudante que incumpra esta condición deberá someterse a unha proba final que terá lugar en data e hora fixadas no calendario oficial do Mestrado.
- As actividades, lévense a cabo dentro ou fóra do horario lectivo, poderán ser tanto de autoría grupal como individual, o cal se indicará previamente ao alumnado.
– Instrucións para o alumnado con dispensa académica, establecidas de acordo coa Norma que regula o réxime de dedicacíón ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na UDC - Os/as estudantes con dispensa deben dar a coñecer a súa situación ao profesorado ao longo da primeira semana de clase (ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días a contar dende a data de concesión).
- A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a realización de todas as tarefas que se propoñan ao longo do curso, e a súa entrega nas datas que fixe o/a docente. De non entregaren nas datas sinaladas, os/as estudantes deberán someterse á proba final, a cal suporá o 100% da cualificación.
– Instrucións comúns á totalidade do alumnado - Todos os traballos entregaranse por vía telemática.
|