Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Descrición
A dirección de todos os traballos tutelados conleva, necesariamente, a posibilidade que ten o alumno/a de recibir unha atención personalizada. Os traballos serán revisados polo/a profesor/a ao menos unha vez no horario de titorías e sempre e cando o/a alumno/a o solicite.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e, como todo alumnado, recibirá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.