Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispoñibilidade dun dispositivo dixital con conexión a wifi e o uso de Teams.

Recoméndase o envío dos trabajos telemáticamente e non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Facer un uso sostible dos recursos e da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Ter en contaos principios éticos relacionados coa sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

A participación na materia de innovación pretende crear unha situación de doble innovación facendo que os estudantes experimenten o traballo por proxectos e deseñen unha proposta de innovación apoiada no aprendizaxe basada en proxectos para o que se terán en conta os seguintes principios de procedemento:

a. Adaptación dos contidos a problemas reais da práctica da Educación Secundaria.

b. Desenvolvemento das competencias dixitais docentes

c. Produción de un banco de recursos e experiencias por parte do alumnado facendo uso de recursos dixitais.

d. Aplicación de categorías de reflexión e clasificación que podan ser usadas polo alumnado na descrición e análise de experiencias, estudos de caso, materiais, ferramentas, documentos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe inclusiva, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.