Metodoloxías Descrición
Lecturas Material escrito para ampliación dos temas.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos. Tratará sobre aspectos concretos dos temas, seguindo guións e coa axuda de materiais.
Presentación oral Exposición do traballo tutelado, combinado o uso das TIC coa exposición oral
Sesión maxistral Exposición xeral introductoria de cada un dos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal e coas oportunas orientacións bibliográficas.
Actividades iniciais Presentación e contextualización dos temas.
Actividades de xustificación e motivación.
Detección do coñecemento que posúe o alumnado sobre o tema, a través de distintos procedementos: debate, tormenta de ideas, etc.
Traballos tutelados Proporase un traballo, a realizar en grupo, relacionado con algún contido da materia. Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso de recursos TIC con exposición oral.
Proba mixta Proba escrita presencial que abrangue todos os contidos da materia, tanto os expostos nas sesións expositivas como nas interactivas.