Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino das ciencias da natureza | Código | 652G01019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 | Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus/súas compañeiros/as. | 40 |
Proba mixta | A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 | Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. | 50 |
Aprendizaxe colaborativa | A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B25 B18 B17 B16 B13 B12 B11 B10 B6 B5 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C8 | Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc. nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requiridas, tanto de forma grupal como individual. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade (maio/xuño) Alumnado que acude ao 80%das sesións interactivas:A cualificación final será consecuencia dosresultados obtidos nos seguintes apartados:
Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só refírese ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluídas as probas de avaliación continua que serealicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarándocumentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesiónsinteractivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos tutelado. Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesións interactivas, traballos tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa. Tanto o alumnado que non acude ao 80% das sesións interactivas, como o que ten recoñecemento de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase segundo o establecido na " Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea progresión dos estudantes de Grao e Master universitario na Universidade da Coruña" ( Aprobada polo Consello Social 4/05/2017): Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase. A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:
Segunda oportunidade (xullo)A avaliación farase do mesmo xeito que na oportunidadede maio/xuño, téndose que recuperar unicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesións interactivas- sempre que as teña suspensas, pero alcanzase o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual). Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas ou con dispensa académica, a cualificación final será en base á media ponderadadas cualificacións obtidas nas tarefas, traballos tutelados e a proba escrita, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada. NOTAS XERAIS A AMBASOPORTUNIDADES:
|