Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen requeridos, en presentación tipo Power Point, e non impresos, a fin de colaborar cunha Universidade respectuosa co medio ambiente e en favor dos criterios de sostibidade. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarmente, en caso de se estimar oportuno. Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |