Prácticas de laboratorio |
Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, resolvendo cuestións que ilustren ou apliquen os contidos da materia, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de resolución de problemas, de completar e/ou de asociación. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Moodle. |
Lecturas |
Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario. |
Discusión dirixida |
Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas |