Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado será atendido no horario de titorías para orientar e resolver problemáticas concretas relativas ao traballo durante a súa fase de realización.

No caso do alumnado con dispensa académica debe realizar de xeito individual as sesións interactivas das que consta a materia, tendo que cumprir obrigatoriamente un calendario de entregas que o docente lle comunicará en dúas quendas correspondentes aos dous cuadrimestres. O alumnado con dispensa académica debe comunicar esta circunstancia durante a primeira semana de clases, presentando o correspondente certificado de recoñecemento de dispensa académica. Terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.