Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía | Código | 652G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. A clase expositiva irá complementada con aulas interactivas con actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes. Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado. A parte expositiva é unha fonte máis de información, quizáis a principal para o alumnado, polo que debe ter a súa incidencia na formación e aprendizaxe. De aí tamén que compute na avaliación, a traveso do seguimento e interese por parte do alumnado. |
Lecturas | Haberá lecturas obrigatorias e que deberán integrarse nos traballos de carácter práctico. Polo cal tamén puntúan e contan na avaliación da materia. Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Tamén, as lecturas tratan de evitar a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, así como outras forntes de información (documentais, películas, etc.) para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos. |
Traballos tutelados | Hai dous tipos de traballos tutelados: as prácticas plantexadas en clase sobre o exposto (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión sobre unha cuestión sociolóxica (e a súa exposición oral). Este traballo é para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Debe estar relacionado preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Tamén debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc. As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso. |
Discusión dirixida | Tralas sesións expositivas ou maxistrais, haberá debates sobre o exposto. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. Estos debates tamén son fonte de información. Asemesmo, a participación e o interese nos mesmos terase en conta de cara a avaliación da materia. |
Análise de fontes documentais | Ademáis das lecturas obrigatorias e as recomendadas, para os traballos prácticos e final haberá que consultar outras fontes de información e documentais, para formar así a base máis científica dos mesmos. |
Proba obxectiva | Os contidos das clases poden ser avaliados mediante algunha proba obxectiva, tipo examen, para comprobar o grao de coñecemento afianzado polo alumnado. Dita proba pode ser de carácter parcial e oral, con preguntas tipo test sobre o contido abordado nun periodo determinado. Ou pode ser unha proba final por escrito sobre o total do contido da materia. |