Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho da profesora (P1A15 ) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.

A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e a docente. O estudantado debe comunicarse primeiramente coa profesora vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo para facilitar poder ser chamada. Lembrade que a profesora é a que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, a profesora non o atendenrán baixo ningunha curcunstancia.