Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación e políticas de emprego | Código | 652G03031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | B2 | O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son: - Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas. - Exposición semanal de políticas de emprego. Exposición por parellas de unha ou varias políticas de emprego asignadas ao chou con tratamento dos contidos determinados polo profesorado. - Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise. - Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise. - Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar. Os criterios de cualificación serán proporcionados o primeiro día de clase, na presentación da materia. |
100 |
Observacións avaliación | |||
|