Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada farase, globalmente, mediante titorías personalizadas individuais e grupais ao longo de todo o cuadrimestre e de acordo aos horarios establecidos na FCS. O alumnado poderá poñerse en contacto coa profesora da materia a través do correo electrónico (laura.lorenzo.lopez@udc.es) ou de maneira presencial a fin de establecer titorías, sempre de acordo á dispoñibilidade de ambos ou aos horarios establecidos.

Dado que é unha materia cunha parte práctica relevante, o traballo persoal do/a alumno/alumna é unha parte fundamental da avaliación da mesma, supoñendo un número de horas (mínimo) similar ás horas presenciais na aula. A atención persoalizada ao alumno/a axudará a completar de forma individualizada a súa formación, principalmente na procura de información referida a datos demográficos da poboación, a realización das actividades prácticas propostas durante o curso, así como do exame da materia.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado poderá solicitar sempre que o precise titorías co profesorado da materia, facilitando o modo presencial ou virtual segundo a dispoñibilidade do/a alumno/a.