Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Intervención Non Farmacolóxica en Demencias/653540019

Materias que continúan o temario

Observacións
RECOMENDACIÓNS XERAIS:
  1. Asistir ás sesións presenciais/telemáticas
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso
  3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas
  4. Preparar de forma adecuada a presentación oral do traballo

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia:

  • Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

  1. Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
  2. De realizarse en papel: 
  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara
  • Empregarase papel reciclado
  • Evitarase a realización de borradore